INICIO Camping Bungalows Tarifas Localizacion Fotos  
  info@campingfrancon.com 986 328 292  
Estrada Praia Menduiña
Baixada Sartaxéns, 51
36946 Cangas de Morrazo
Pontevedra - España
CAMPING FRANCÓN Aberto
Semana Santa
e dende
o 15 de xuño
ata o 15 de setembro
FOTOS DE:
 
ALDAN

MORRAZO

ILLAS CIES

ILLAS ONS
 
 









 

ALDAN é unha das cinco parroquias de Cangas do Morrazo. É un pequeno pobo mariñeiro co seu porto pesqueiro e paseo marítimo. O seu principal atractivo son as praias pequenas de area fina , destacando Areacova, Francón e Menduiña de augas cristalinas que ao estar nunha ría pechada e non a mar aberto a súa temperatura é máis cálida.
Protexida a parroquia polas montañas e regada polo río Orxas que vai pasando en ruta por cada un dos muiños, lavadeeros e baixo a ponte romana asta desembocar na praia de San Cibrán. No "Bosque Encantado" o río pasa silencioso cando noutro tempo era lugar de ocio dos Condes onde o paseo nos leva polo acueducto, o castelo sin rematar, e o campo de criquet. Aldán segue conservando visible o que noutro tempo foi un condesado. Onde o Pazo xunto á igresa de San Cipriano segue permanecendo amurallado para denotar os seus dominios. Fora do recinto o pazo Vistalegre. Outros restos arqueolóxicos nos din da existencia de Aldán como pobo xa na época celta e suevos.

HIO é a parroquia máis bañada polo Océano Atlántico, con praias máis grandes como Barra (nudista), Nerga ou Areabrava. E con paisaxes máis acantilados coma Cabo Home, ideal para paseos largos e casi tocar as illas Cíes, onde está a praia de Melide. Ao Monte Facho subese por unha calzada romana ata chegar a unhas excavacións arqueolóxicas onde venerabase ao deus Berobreo. Esta parroquia é famosa polo Cruceiro que está situado xunto á igresa parroquial e dende onde se admiran as vistas da Ría de Aldán.

CANGAS como centro urbano destaca polo seu Casco Vello onde está a Excolexiata. ( Máis información en www.cangas.org )
Dende a estación marítima saen os barcos cara a Vigo e as ILLAS CIES.
Varias navieiras fan as rutas: www.mardeons.com e www.piratasdenabia.com

CANGAS DEL MORRAZO ten o seu principal atractivo turístico nas súas 38 praias.
Máis información en http://www.cangas.org/praias_cangas_gal.php

BUEU é a localidade limítrofe con Aldán, a tan só 3 kilómetros atópase Cabo Udra, ideal para pasear e ver as ILLAS ONS. Para poder visitalas hai que coller un barco no centro de Bueu. Destacar do centro de Bueu a súa praza de abastos e o Museo Massó. Hai numerosos pazos repartidos polo concello e varias rutas de sendeirismo, principalmente a dos Muiños. Máis información en www.concellodebueu.org

Outros lugares importantes preto de Aldán:

LAGO DE CASTIÑEIRAS a 15km.

MOAÑA a 15 km.
MARÍN a 20 km.
VIGO a 25 km.
PONTEVEDRA a 25 km.
SANTIAGO a 90km.